colexiados > Colexiarse

POR QUE COLEXIARSE

OBLIGACIÓN DE COLEXIARSE. COLEXIACIÓN ÚNICA.

(Art. 35 dos Estatutos Xerais dos Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas)

É requisito indispensable para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Agrícola acharse incorporado ao Colexio correspondente. Para exercer en todo o territorio nacional abondará a incorporación a un único dos Colexios de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e de Peritos Agrícolas. Este será o do domicilio único ou principal do profesional; ou, no seu defecto, o do lugar onde se desenvolva efectivamente a profesión.

REQUISITOS E DOCUMENTACIÓN PARA A COLEXIACIÓN

Requisitos

- Estar en posesión do título universitario de Enxeñeiro Técnico Agrícola

Documentación


DEREITOS DE INGRESO:

Se solicitas a colexiación dentro do ano natural seguinte á data de obtención do título, a túa cota de ingreso será gratuita.

  • Cota por traslado doutro COITA _______________________________ 25,00 €
  • Cota de ingreso (só se fai máis dun ano que acabaches) ________ 25,00 € (*)
  • Cota colexial trimestral ______________________________________ 30,80 € (*)
  • Cota de reingreso __________________________________________ 20,00 €

(*) Reducción do 30 % en caso de xustificar situación de desemprego.
(**) Nas correspondientes cuotas van incluidos os gastos de tramitación.

Os colexiados que estén en situación de desemprego poden beneficiarse dunha reducción do 30% no importe da cuota colexial, reducíndose a 21.50 €, e da cota de ingreso, no seu caso, aportando ao Colegio o Certificado de Situación Laboral expedido con data actual polo Servizo de Emprego ou a tarxeta de desemprego. Este trámite débese realizar dentro dos últimos quince días do último mes de cada trimestre, aportando o certificado actualizado, ben desde a Ventanilla Única, ben presentándoo nas nosas oficinas; en caso contrario non se aplicará a reducción na siguiente cota.


Ademais, a tenor do convenio que temos co Banco Sabadell, abrindo unha conta en calquera oficina do Banco Sabadell, e domiciliando os recibos do Colexio, farase a devolución do 10% do importe da cuota de colexiado (Ata un máximo de 100 euros ao ano). Máis información aquí.

Unha vez cumplimentado o impreso, pode envialo á nosa dirección de correo electrónico: webmaster@coita-ourense.com, ou ben pode entregalo directamente no colexio.

MUNITEC

MUNITEC (Mutua Nacional de Enxeñeiros Técnicos Agricolas de España) regálache un ano de seguro de vida-accidente C-20 cando te colexias. Por medio desta mutua podes solicitar a túa responsabilidade civil. Se che interesa tes que cubrir
esta folla

© Colexio Oficial de Técnicos Agrícolas de Ourense - Todos os dereitos reservados
ACV Galaica