cursos

 Xornadas Bases Topográficas e Cartográficas

Imprimir admin - 06-Septembro-2016 - 12:50:21 

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a través do Instituto de Estudos do Territorio colabora co Ilustra Colexio Oficial de Enxeñeria Xeomática e Topográfica na organización das Xornadas sobre Bases Topográficas e Cartográficas: producción e difusión da información xeográfica a nivel nacional, autonómico e local.

 

O obxetivo da xornada é difundir entre os profesionais, empresas e institucións os avances tecnolóxicos e metodolóxicos que se están a producir nas características das Bases de Datos Xeográficas a nivel nacional, autonómico e local.

Dirixido a profesionais e empresas que realizan traballos sobre o territorio, técnicos de Concellos, Deputacións e administración autonómica así como outros organismos e institucións que traballan con bases topográficas e cartográficas e público en xeral con interese no ámbito da produción e acceso á Información Xeográfica.

Lugar e data de celebración das xornadas:

Fundación Barrié

Cantón Grande, 9 15003, A Coruña

12 de setembro de 2016 de 9:30 a 14:00 h.

 

Máis información:

Colexio Oficial de Enxeñaría Xeomáticae Topográfica –Delegación Territorial de Galicia

Edificio de Usos Múltiples, BCA28

C/ Copérnico, nº6 Planta baja, local 2

15008 –A Coruña

Telf./Fax: 981 141 159

Mail: galicia@coit-topografia.es

 

Inscripcións:

 

Antes do 10 de setembrode 2016 no seguinte enlace:

http://www.reunalia.com/8236791

 
© Colexio Oficial de Técnicos Agrícolas de Ourense - Todos os dereitos reservados
ACV Galaica